Un paraiso natural entre Galicia e Asturias

Casa Nastasia atópase no pequeno pobo de Santa María Magdalena de Xudán (A Pontenova), unha parroquia de algo menos de 200 habitantes. Lonxe do ruído e a cidade, constitúe un lugar único para descansar en completa armonía coa natureza.

A casa, unha edificación distribuída en 2 plantas con buhardilla, data dos anos 30 e foi completamente reformada para ofrecer ó anfitrión todos os servizos de unha vivenda moderna. Posúe tamén unha zona axardinada con barbacoa e unha zona de aparcamento.

Xeográficamente, Casa Nastasia atópase nun lugar único na provincia de Lugo. A poucos kilómetros da fronteira con Asturias e a menos de 30 minutos en coche de lugares culturalmente populares como a Catedral de Mondoñedo, a Praia de As Catedrais (Ribadeo), o nacemento do Río Miño (Meira) ou o recoñecido pobo de Taramundi.

Casa Nastasia, atópase en pleno corazón da coñecida Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terra de Burón, recoñecida pola UNESCO no 2007. Ademáis, a Ría do EO é un lugar de interese Comunitario e zona de especial protección para as aves.

Toda esta comarca, ademáis de tener un gran valor e calidade gastronómica, é coñecida por ser terra de antigas tradicións, como a fabricación artesanal de coitelos e navallas. As súas ferrerías, mazos e fraguas son visita case obligatoria para coñecer como se vivía séculos atrás nesta zona con tanto encanto.

Non o penses e disfruta de todo o que Casa Nastasia che pode ofrecer.

NON PERDAS A OPORTUNIDADE DE ALOXARTE NUN LUGAR ÚNICO